Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/163-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Enagás

Domicilio social: Avda. de América 38, 28028 Madrid.

Denominación: L.M.T. e C.T. na posición I-023 do gasoducto en Amoedo.

Situación: Pazos de Borbén.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.355 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios metálicos e de formigón, desde unha liña, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., no alto de Cepeda, a 200 m da estrada Os Valos-Amoedo, en dirección leste, ata o C.T. que se proxecta na posición I-023 do gasoducto, en Amoedo, concello de Pazos de Borbén. C.T. de 25 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5970