Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización do seguimento e control dos permisos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 9/98.

Obxecto do contrato: seguimento e control dos permisos de investigación existentes na Comunidade Autónoma.

Prazo de execución: o prazo máximo de execución rematará o 30 de novembro de 1999.

Tramitacion: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitacion: doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de contrato (240.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 19.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentacion que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estara obrigado a mante-la súa oferta:

3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

P.D. (O. 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

6705