Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/132-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío instalacións eléctricas en subida a Monteferro.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M:T., subterránea, a 20 kV, de 670 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio que se proxecta na L.M.T. ó C.T. Monteferro, rematando no C.T. Monteferro II, concello de Nigrán. C.T. de 250 kVA, relación de

transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 245 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde os CC.TT. Monteferro I e Monteferro II. R.B.T., subterránea, de 990 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde os CC.TT. Monteferro I e Monteferro II.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5862