Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/120-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. nº 4 e Interc. B.T. no Polígono do Tambre.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 30 m de lonxitude, con orixe na liña que distribúe no Polígono do Tambre e remate no C.T. vía Ptolomeo, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo caseta de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, baixo tubo, con catro circuítos en conductor R.V.-0,6/1 kV de 3(4x240) mm Al e 16 m de lonxitude. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5981