Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.066

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 13 de xullo de 1998 pola que se nomean vocais por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

En virtude do establecido no artigo 5.2º b), do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear como vocais por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea a: Tomás LLorens, Carlos Rosón Gasalla, Julio Fernández Gayoso e Darío Villanueva Prieto.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

6701