Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.066

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 13 de xullo de 1998 pola que se dispón o cesamento dos vocais por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

En virtude do establecido no artigo 5.2º b), do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea,

DISPOÑO:

Artigo único.-Os cesamentos de Borja Coca Moroder, Adrián Piera, José Jiménez Jiménez, Simón Marchán Fiz e Rudi Fuchs, como vocais por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea, agradecéndolle-los servicios prestados.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

6848