Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, a súa contía e número cítanse a seguir:

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Multa

máxima

ANTONIO PARDIÑO REGO76537586LU-E 164/9826-e) da LO 1/92AVDA. CORUÑA 345, 2º A, LUGO15.000 PTA

MANUEL A. RODRIGUEZ FONTAO338594194LU-E 272/9823-d) LO 1/92PINTOR LUIS SEOANE 26, 1º, LUGO80.000 PTA

Mª DIVINA PENABAD ROUCO77593358LU-E 280/9723-d) LO 1/92R/LUIS TRELLES 16, VIVEIRO50.001 PTA

Contra estas resolucións, o interesado poderá interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser realizado este en tempo e forma, deberá aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. recadación de multas e sancións de espectáculos públicos, número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 23 de xuño de 1998.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

6228