Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos expedientes sancionador por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lle puido facer por correo certificado, as propostas de resolución dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase a seguir:

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Multa

máxima

SODOFER, S.L.B-27217009LU-E 133/9823-M) LO 1/92R/ SAN ROQUE 58 LUGOATA 250.000 PTAS. E/OU SUSPENSIÓN DA LICENCIA DE APERTURA POLO PERÍODO DE ATA 6 MESES

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior desta delegación provincial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 23 de xuño de 1998.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

6650