Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 7.985

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xuño de 1998 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado de educación especial Menela de Vigo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación especial Menela de Vigo, solicitando o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que mediante escritura pública notarial outorgada ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, José Luis Lorenzo Arean, Carmen Fernánez Puentes, representante legal de María Manuela Fernández Puentes declarada incapaz polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lugo mediante auto dictado o 23 de abril de 1973, lle cede a súa titularidade, para tódolos efectos, á Fundación Menela.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se uniron ó mesmo os documentos esixidos e que a petición foi informada pola Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia. Esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Menela de Vigo a favor de Fundación Menela con tódolos dereitos e obrigas contraídas pola cesionista Carmen Fernández Puentes, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

6371