Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 132 con data do 11 de xuño de 1998 publicáronse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Paderne, para prover por concurso-oposición unha praza de funcionario de carreira pertencente á escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo D coa denominación de auxiliar-notificador.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais que se contarán desde o día seguinte ó da publicación do extracto do anuncio no BOE.

Os restantes anuncios referidos a esta convocatoria faranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Paderne, doce de xuño de mil novecentos noventa e oito.

José Luis Pico Espiñeira

Alcalde-presidente

5908