Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-315).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 29 de abril do 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle relativo á U.A nº 1 no plan especial de Mera, en Serantes, tramitado por Bautista Rodríguez Díaz e outros.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a última publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 20 de maio de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

5973