Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/198-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Enderezo social: Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. aéreo Subt. Interc. liñas-liña 4, C.T. Leborís.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de interconexión liña 5-liña 4 no C.T. Leborís, intercalando apoio formigón na liña Cillobre-A Piña, do que partirá tramo subterráneo en r/ Arxentina, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x95) mm de 315 m de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5848