Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/145-1).

Para os efectos previdos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Tte. gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, Est. 6, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Lamas.

Situación: Laracha.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 314 m de lonxitude en conductor LA-30, que parte da L.M.T. existente nomeada Fonte Seca-Beria-Orxeiras e remate no C.T. que se vai construír tipo aéreo de 50 kVA. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5505