Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/49-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. do Rodicio.

Situación: Maceda.

Descricións técnicas: 2 liñas aéreas a 20 kV, en conductor LA-56. (1ª) de 1.604 m con orixe en apoio de formigón da L.M.T. Xunqueira de Espadanedo O Currelo e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V, do Rodicio. (2ª) de 100 m con orixe en apoio proxectado nº 5 da L.M.T. a C.T. do Rodicio e remate no C.T. aéreo existente de Granxas do Rodicio, Liña de B.T. aérea no C.T. proxectado do Rodicio.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 1 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5854