Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de Cabeza de Vaca.
Situación: Barbadás.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 325 m de lonxitude, en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe no C.T. existente na caseta rural de Cabeza de Vaca e remate no C.T. proxectado con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V. na caseta de fábrica do pre
dio Fierro. R.B.T. no C.T. proxectado da caseta, predio Fierro.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 1 de xuño de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
5789