Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de xuño de 1998, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción á normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes PO-00945-O-97 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 16 de xuño de 1998.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00945-O-97

PO-5315-AC

G.C. Tráfico

Óscar Rubén Lema González

BJ Castañal Ponte Nova, 35

36210 Vigo

Pontevedra

Realizar transporte privado complementario de mercadorías carecendo de autorización administrativa. Servicio privado. Vehículo lixeiro.

2-8-1997; 10.38; C-550; 143,100

Art. 103 da Lei 16/1987, Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
PO-01096-O-97

PO-1285-V

G.C. Tráfico

Inversiones Galaica de Madera, S.L.

Alfonso XIII, 11-1º D

36002 Pontevedra

Carecer de tarxeta de transportes, ou efectuar un transporte de mercadorías (sacos de fariña) entre Pontevedra e Vigo. Servicio público.

6-10-1997; 7.20; N-550; 120

Art. 90 da Lei 16/1987, Art. 41 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
PO-01132-O-97

C-6649-AP

G.C. Tráfico

Vallas Móviles Galicia, S.A.

Montero Ríos, 25

15706 Santiago de Compostela

A Coruña

Circular transportando material de publicidade e accesorios relacionados con ela (cola, escaLeiras, etc.), carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado.

2-10-1997; 16.20; C-550; 88,500

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.
PO-01186-O-97

C-9656-BP

G.C. Tráfico

Multipropietaria Gallega, S.A.

Gutemberg, 34

15008 A Coruña

Realizar transporte privado complementario de mercadorías, non realizando o visado das autorizacións no prazo determinado pola Administración, sempre que se cumpran as condicións para a rehabilitación. Presenta tarxeta de transportes con data do 31-5-1997, como período de validez, con data de autorización 9-10-1996. Servicio privado.

20-10-1997; 18.45; N-525; 307,4

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.
PO-01295-O-97

B-1398-EN

G.C. Tráfico

Fernando Machado de Encarnación

A Relva, 49

36410 Torneiros

O Porriño

Pontevedra

Circular transportando chatarra, carecendo de autorización para realiza-lo transporte. Servicio privado. Vehículo lixeiro.

30-11-1997; 16.50; C-533; 175,5

Art. 103 da Lei 16/1987, Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.

5875