Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 6 de abril de 1998, aprobou inicialmente a delimitación do polígono 2 do Plan parcial do SUP-3 (Pontepedriña), e a actuación polo sistema de compensación, promovido por Francisco Gómez García.

O expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días soltos contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Para aprobar definitivamente o sistema de compensación será necesario que, durante o período de exposición pública, manifesten formalmente a súa adhesión ó sistema os propietarios que representen máis do 50% da superficie do polígono, e asuman o compromiso de formular e promove-la tramitación dos estatutos e bases de actuación da xunta de compensación.

Edicto.

De conformidade co previsto no artigo 121.1º da Lei do solo de Galicia, este anuncio serviralles de citación persoal, en forma legal, ós seguintes propietarios, ou a aqueloutros que resulten de identidade ou paradoiro descoñecidos.

PropietariosNúmero predio

Acredores de Geyfer124

Hros. de Manuel Lema Gerpe138

Hros. de Josefa Fdez. Nogueira152

Hros. de Socorro Seoane Fuentes153

Hros. de Manuel Fandiño Vilaseco155

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1998.

O alcalde

Rubricado

5543