Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 25 de xuño de 1998, aprobou os pregos de cláusulas económico-administrativas que rexerán a licitación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e

tramitación urxente, para a xestión indirecta mediante concesión administrativa do servicio público do matadoiro de Quiroga.

Os pregos de condicións económico-administrativos expoñeranse ó público polo prazo de oito días para efectos de exame e presentación de reclamacións. Coa excepción do disposto no artigo 122.2º do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación para que os interesados presenten as súas propostas no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

No BOP publicarase extracto da convocatoria de licitación.

Quiroga, 26 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

5983