Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión con data do 13 de maio deste ano, acordou aprobar definitivamente o modificado do proxecto do emisario de augas residuais ó colector xeral de Cambre, no Temple, do proxecto de urbanización do polígono industrial do Espírito Santo, promovido pola Sociedade española de promoción e equipamento do solo, e que redactou o enxeñeiro Javier López Pita.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do presente acto, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xuridición contencioso-administrativa, o que se deberá comunicar previamente a este concello segundo o establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cambre, 26 de maio de 1998.

Augusto Rey Moreno

Alcalde en funcións

6549