Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto dos contratos:

a) Proxectos de:

- Pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Tortes, Vilamane, Vilachá, Cabo e Raposeira.

- Acceso desde a estrada N-VI ós núcleos de Fontes, Nantín, Cascallá e Lagúa (p.k. 0,000 ó 3,970) e desde a estrada Cereixal-Louxas a Castelmaría e Quintá.

- Accesos ó núcleo de Freixo, desde Eixibrón (p.k. 0,800 ó 3,160) e ó núcleo de Guillén desde Cruzul por Ousón (p.k. 0,000 ó 4,720).

b) Lugar de execución: Becerreá.

d) Prazo de execución: 9 meses o primeiro proxecto referido e 4 os outros dous.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos base de licitación: 9.193.464, 7.560.000 e 8.623.514 respectivamente.

5. Garantías:

Provisional: 183.869, 151.200 e 172.470 pesetas respectivamente. Están exentos os licitadores con clasificación empresarial.

Definitiva: 4% de cada un dos orzamentos de contrata.

6. Obtención de documentación e información:

Concello de Becerrreá. Avenida Madrid nº 2, código postal 27640, Becerrerá (Lugo) teléfono: 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 7.1 e 7.2 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vixésimo sexto día natural seguinde ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en tres sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado oferta económica que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego de condicións económico administrativas particulares.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica. Conterá a documentación a que se refiren as bases 11.2 e 11.8 do prego de condicións económico-administrativas particulares.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas. Conterá os documentos reflectidos na base 11.3 do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Becerreá. Avenida de Madrid, nº 2.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remata o prazo de presentación.

d) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (mellora de calidade) como cuantitativas (novas Ud de obra), as melloras formularanse de conformidade co previsto na cláusula 13.3.d) do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 3 de xullo de 1998.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente

5906