Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.893

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 6 de xullo de 1998 do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspectores farmacéuticos do Servicio Galego de Saúde, relativo á celebración do terceiro exercicio da fase de oposición.

O apartado 3 da base sexta B) da Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, dispón que os diversos exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar ou lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal publique no Diario Oficial de Galicia.

Adoptado acordo por este tribunal sobre o lugar, a data e a hora de realización do terceiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, polo que

ACORDA:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes presentados ó segundo exercicio da clase de inspectores farmacéuticos para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición o vindeiro día 16 de xullo de 1998, ás 16.30 horas, na sede do Servicio Galego de Saúde en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela.

Segundo.-O chamamento será único e serán excluídos do concurso-oposición os aspirantes que non comparezan, debendo ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1998.

Berta Cuña Estévez

Presidenta do tribunal de Inspectores Farmaceuticos

6501