Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.892

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998 pola que se convoca un curso de verán sobre a nova Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1998 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de verán sobre a nova Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Mellora-la formación dos asistentes sobre os aspectos máis esenciais da nova Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

2. Contido.

Trataranse, entre outros, estes temas:

-Consideracións xerais sobre a nova lei e a xustificación da reforma.

-Ámbito, órganos e competencias da nova orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

-Obxecto do proceso contencioso-administrativo.

-O procedemento: procedemento en primeira ou única instancia.

-O procedemento: a execución das sentencias.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: o curso convocado terá lugar no salón Noray do Hotel Sada Marina (en Sada-A Coruña), os días 27 e 28 de xullo.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o xoves, día 23 de xullo de 1998.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 37.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando, a partir do día 20 de xullo, por teléfono de 10 a 14 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento deste curso, así como a de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate deste curso, a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a este, cando a súa inasistencia non sexa igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas e, expresarase neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

6653