Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T. de Covas, no concello de San Cristovo de Cea. (Expediente IN407A 98/115-3).

1.-Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia,

que contan coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Situación: concello de San Cristovo de Cea (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

1. L.M.T. aérea a 20 kV, de 1,714 km, de lonxitude, en conductor LA-56, orixe no apoio existente, de derivación actual de Covas, e remate no apoio proxectado nº 13 de formigón da L.M.T. Covas.

e) Orzamento: 4.466.567 ptas.

2.-Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa isto segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expedien

te polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3.-Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 20 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/115. Provincia: Ourense.

L.M.T. Covas.Termo municipal: San Cristovo de Cea.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

33F. AgroPradoHrdos. Ramón CrespoA Grela, s/n, 32130 Cea13130

44CruzPradoDelmiro Álvarez Garcíar/Escultor Failde 15.1º, 32004 Ourense58580

45CruzPradoEmilio Álvarez GarcíaAvda. Santiago 11-6ºA, 32001 Ourense26260

68Naveira N.Monte baixoGuillermo Garriga AdaPraza Maior 25, 32130 Cea120,522220

5579