Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T. de Lamas, nos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor de Cea e O Carballiño. (Expediente IN407A 98/114-3).

1.-Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Situación: concellos de San Cristovo de Cea, Piñor de Cea, O Carballiño (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

1. L.M.T. aérea a 20 kV, de 1,73 km, de lonxitude, en conductor LA-110, con orixe no apoio existente, que se vai substituir, de formigón, da L.M.T. Cea-Piñor, e remate no apoio proxectado nº 12.

2. L.M.T. aérea a 20 kV, de 1,525 km, de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 12 da L.M.T. enlace Cea-O Carballiño, e remate no apoio proxectado nº 22.

3. L.M.T. aérea a 20 kV, de 0,016 km , de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio proxectado nº 5 da L.M.T. enlace Cea-O Carballiño, e remate no apoio nº de L.M.T. existente a C.T. Serradoiro de Lagoas.

4. L.M.T. aéra a 20 kV, de 0,074 km , de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio proxectado nº 9 da L.M.T. enlace Cea-O Carballiño, e remate no apoio proxectado nº 1 da L.M.T. a C.T. en caseta de Lagoas.

5. L.M.T. aéra a 20 kV, de 0,034 km, de lonxitude en condcutor LA-56, con orixe no apoio proxectado nº 17 da L.M.T. enlace O Carballiño-Lobas, e remate no apoio proxectado nº 1 da L.M.T. a C.T. de Lamas.

e) Orzamento: 14.423.761 ptas.

2.-Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa isto segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3.-Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta

días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminsitracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os

titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó ministerio fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 20 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/114. Provincia: Ourense.

L.M.T. de Lamas.Termo municipal: Piñor de Cea.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

31Agro do PozoMonte baixoFrancisco Rodríguez

Vázquez

San Martín, 32137 Piñor de Cea26416

78PedrasHortaNieves Rodríguez GonzálezAvd. Buenos Aires 49-6ºC, 32004 Ourense9144

80PedrasPradoNieves Rodríguez GonzálezAvd. Buenos Aires 49-6ºC, 32004 Ourense26416

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/114. Provincia: Ourense.

L.M.T. de Lamas.Termo municipal: San Cristovo de Cea.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

35PedrasPradoFrancisco Rodríguez

Vázquez

San Martín, 32137 Piñor de Cea8128

46FragaCarballeiraRamón Fernández Martar/Rúa 2, 8, 36130 Cerdedo17130480

55LagoaPradoRamón Fernández Martar/Rúa 2, 8, 36130 Cerdedo12192

61VentoPradoFrancisco Rodríguez VázquezSan Martín, 32137 Piñor de Cea8128

31ASalgueiraMonte altoJuan Patricio BernárdezCotelas 31, 32137 Piñor de Cea38608

5580