Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.804

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN FORO GALLEGO-IBEROAMERICANO DE LA SALUD

ACORDO do 28 de abril de 1998 polo que se anuncia a contratación do director da fundación.

O padroado da fundación pública Escola Galega de Administración Sanitaria, con domicilio en Santiago de Compostela, na súa reunión constitutiva celebrada o día 28 de abril acordou, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 11 dos seus estatutos, aprobados por acordo do Consello da Xunta de Galicia, inicia-lo procedemento para o nomeamento do director da fundación, órgano superior unipersoal de xestión desta, nos termos previstos no artigo 5 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

En consecuencia, anúnciase publicamente a súa contratación conforme as seguintes bases:

Primeira.-A designación do director corresponderalle ó padroado da fundación, formalizándose coa persoa designada un contrato laboral de alta dirección regulado no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, cun nivel retributivo axeitado ó seu cometido funcional. A duración do dito contrato non poderá exceder de 4 anos, prorrogables por acordo das partes e conforme as disposicións aplicables na materia.

Segunda.-Os aspirantes deberán presentar xunto coa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos nel alegados.

As ditas solicitudes irán dirixidas ó presidente do padroado da fundación e remitiranse ó rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sito en San Caetano, Santiago de Compostela, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceira.-Se resultase nomeada unha persoa que teña a condición de empregado público, tramitarase da súa administración de orixe o pase á situación administrativa que lle corresponda.

Cuarta.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto, de considerarse oportuno, o órgano convocado.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1998.

José María Hernández Cochón

Presidente do padroado