Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1998 pola que se convoca concurso con procedemento aberto e tramitación urxente para a subministración de material informático con destino ó servicio de arquitectura.

1. Expediente: 98/5689 da Sección de Patrimonio e Contratación.

2. Obxecto: subministración de material informático con destino ó servicio de arquitectura.

3. Lugar de entrega: Gabinete de Arquitectura no Colexio Calvo Sotelo.

4. Prazo de entrega: quince días.

5. Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e trámite urxente.

6. Orzamento: 5.000.000 de pesetas.

7. Garantía provisional: non se esixe.

8. Garantía definitiva: 200.000 pesetas.

9. Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

10. Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

11. Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 3 de xullo de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

6005