Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación dunha asitencia técnica para a defensa contra incendios forestais en Galicia durante os anos 1998 e 1999.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a defensa contra incendios forestais en Galicia durante os anos 1998 e 1999.

2.2. Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ó 31 de decembro de 1999.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 47.000.000 de ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata (940.000 pesetas).

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata (1.180.000 pesetas).

6. Clasificación: non é necesaria.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

7.2. Información:

a) Teléfono: 981 54 17 49.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños, nº 2.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o último día da presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral de Medio Ambiente

6168