Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación do depósito temporal de residuos sólidos urbanos, no concello de Cerceda, provincia da Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, de 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación do depósito temporal de residuos sólidos urbanos, promovido por Sogama, situado no concello de Cerceda, provincia da Coruña.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

* Concello de Cerceda.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

6499