Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 Santiago de Compostela.
Denominación: variante L.M.T. a C.T. Reboredo.
Situación: Santiago de Compostela.
Características técnicas: modificado da liña eléctrica que alimenta o C.T. Reboredo, consistente en: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón (1) e con conductor LA-56, de 160 m de lonxitude, nas inmediacións en que a liña eléctrica se cruza coa autovía Santiago de Compostela-A Lavacolla, en construcción. Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 25 de mayo de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
5346