Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/122-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: variante L.M.T. a C.T. BMW.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: modificado da liña eléctrica que alimenta o C.T. da BMW, consistente en: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos (2) e con conductor LA-56, de 80 m de lonxitude, nas inmediacións en que a liña eléctrica cruza a autovía Santiago de Compostela-A Lavacolla-Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5349