Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/380-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee.

Denominación: L.M.T.S. Cee-Corcubión II, C.T. Corcubión II e R.B.T.

Situación: Cee e Corcubión.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV de 1.785 km con orixe no C.T. paseo marítimo e final no C.T. Corcubión II (novo), en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. L.M.T.S. a 20 kV de 0,26 km, con orixe no C.T. Corcubión II (novo) e final na L.M.T. aérea a Fisterra nas inmediacións do cuartel, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. C.T. prefabricado de 250 kVA, 20.000/380-220 V en r/ Campo do Lobo. R.B.T. aérea de 0,165 km con orixe no primeiro apoio da B.T. á saída do C.T., en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5215