Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/379-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., Ribeira do Freixo.

Situación: Outes.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV de 1,123 km con orixe no apoio nº 7 da L.M.T. a C.T. Siavo e final no apoio nº 11 da L.M.T. a C.T. Ribeira do Freixo, en conductor LA-56/54,6 mm. L.M.T.S. a 20 kV de 0,002 km con orixe no apoio nº 11 da L.M.T. a C.T. Ribeira do Freixo e final no C.T. Ribeira do Freixo. C.T. de 250 kVA 20.000/380-220 V en Ribeira do Freixo. R.B.T. aérea de 0,06 km con orixe no primeiro apoio da saída do C.T. Ribeira do Freixo en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. R.B.T.S. de 0,015 km con orixe no C.T. Ribeira do Freixo, en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5219