Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/109-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Malde.

Situación: Cedeira.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 164 m de lonxitude con orixe no apoio nº 12 da liña que alimenta o C.T. corredoira (expediente 51535) e remata no C.T. de Malde, que se vai instalar de 76 m de lonxitude, co orixe na liña que alimenta o C.T. de Corredoira e remata no C.T. en Malde Sur, a instalar. Dous centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Malde e Malde Sur, dos que parten redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón en conductor R.Z. de 710 m e 795 m respectivamente. Cedeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5223