Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude da autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 105/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 30 outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupacion, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,351 km con orixe na L.M.T. Vilares-Santa Comba, tramo Couzo-Santa Comba (expediente 5462-B) e final no C.T. proxectado Ribe

la, cunha potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V tipo intemperie. Liña de media tensión aérea de 20 kV cunha lonxitude de 0,351 km con orixe na L.M.T. a C.T. Vilar-Coristanco (expediente 51570) e final no C.T. proxectado Esternande, cunha potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V tipo intemperie. Liñas de baixa tensión con orixe nos CC.TT. de Vilar, Ribela e Esternande (expediente 105/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Esternande (termo municipal de Coristanco).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria, poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo o proxecto nesta delegación, seccion 3ª

enerxía, 2ª andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luís Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trintas días seguintes á presente publicación.

Esta publicación se realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

A Coruña, 20 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 105/1998. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Esternande.Termo municipal: Coristanco.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

6/1Leiras do RegoPradoGuillermo Martínez MourelleVilar 12, 15148 Coristancoœ-1113130

9Leiras do RegoLabradíoCarmen Abelenda AnteloVilar, 15148 CoristancoLat.28

10Leiras do RegoLabradíoDomingo Blanco BelenllaVilar, 15148 Coristanco530

15A RegueiraPradoDomingo Blanco BelenllaVilar, 15148 Coristanco15150

17A RegueiraPradoCarmen Abelenda AnteloVilar, 15148 Coristanco30300

20A RegueiraMonte altoDomingo Blanco BelenllaVilar, 15148 Coristanco10160

22EstreitoPradoManuel Pensado GarcíaA Furoca 5, 15148 Coristanco454

30EsternandePradoJosé Negreira AbelendaBrenlla, 15148 CoristancoLat.20

32EsternandePradoDorinda Negreira AbelendaEsternande, 15148 Coristancoœ-C.T.357572

33CeboleiraPradoÁngeles Erentón GarcíaCuns 7, 15148 Coristancoœ-C.T.343344

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 105/1998. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Ribela.Termo municipal: Coristanco.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1XoadoPradoJosé Rieiro CoutoRibela de Couso, 15148 Coristanco121041040

2ToxeiraMonte baixoDolores Couto RieiroRibela de Couso, 15148 Coristanco1177

3XoadoPradoDolores Couto RieiroRibela de Couso, 15148 CoristancoLat.45

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4XoadoPradoJosé Couto RieiroRibela de Couso, 15148 Coristanco64640

5RibelaPradoMaximino García MourelleRibela de Couso, 15148 Coristancoœ-2134340

6RibelaLabradíoManuel Couto BustoRibela de Couso, 15148 Coristancoœ-2 y C.T.71412256

5201