Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/225-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Salmón estrada.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56 de 18 m de lonxitude, con orixe na liña Palmeira-Silves-Tomada (expediente 143/1995) e remata no C.T. Salmón estrada, que se vai instalar. Centro de transformación, aéreo sobre apoio de formigón, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5209