Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/181-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. aérea denominada San Caetano-A Lavacolla.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: reforma L.M.T. aérea a 20 kV, denominada San Caetano-A Lavacolla (expediente 27384) nos puntos quilométricos 5,4 e 6,2 no cruzamento coa nova autovía Santiago-A Lavacolla, concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5207