Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave AC/98/68G112 e dúas máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica actuación en Santiago de Compostela, saída de Noia.

Clave: AC/98/68G112.

Orzamento: seis millóns catrocentas mil novecentas quince pesetas (6.400.915).

Prazo de execución: 8 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) Copias autenticadas das titulacións do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballo realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo II, subgrupo 3, categoría A, a achega dela ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados nos parágrafos anteriores.

2. Asistencia técnica acondicionamento do itinerario G-108, treitos: AC-412 Carballo-A Silva, AC-413 a Silva-Ordes e AC-224 Ordes A 9.

Clave: AC/98/69G108.

Orzamento: vintesete millóns novecentas tres mil catrocentas seis pesetas (27.903.406).

Prazo de execución: 8 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) Copias autenticadas das titulacións do persoal do consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo II, subgrupo 3, categoría B, a achega dela ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados nos parágrafos anteriores.

3. Asistencia técnica acondicionamento da estrada PO-201. Silleda-Laro.

Clave: PO/98/70G222.

Orzamento: dez millóns trescentas trinta e dúas mil duascentas noventa e catro pesetas (10.332.294).

Prazo de execución: 8 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) Copias autenticadas das titulacións do persoal do consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo II, subgrupo 3, categoría A, a achega dela ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados nos parágrafos anteriores.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993).

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6504