Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a execución do Plan especial de ordenación, protección, conservación e mellora da Península da Torre, no termo municipal da Coruña.

Examinado o expediente 115A-98/3 relativo ó proxecto de expropiación forzosa para a execución do Plan especial de ordenación, protección, conservación e mellora da Península da Torre, promovido polo Concello da Coruña para os efectos que determina o artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997) e visto o informe proposto da Subdirección Xeral de Urbanismo e Arquitectura, con data do 15 de abril de 1998 e a Orde do 19 de agosto de 1997, pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo nos delegados provinciais (DOG nº 166, do 29 de agosto de 1997),

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a execución do Plan especial de ordenación, protección, conservación e mellora da Península da Torre, promovido polo Concello da Coruña polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997), facendo constar que a presente resolución implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos nº 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146 punto 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.-Notificárlle-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar

por escrito ante esta delegación provincial a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145 punto 8 da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Terceiro.-Publica- lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia así coma os seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación:

Parcela

Propietario

Superficie

m

Valoración

ptas.

2Emilia Hermida Gómez1.7093.230.010

6Sara Calvete Bourgeal e Ricardo Piñeiro Calvete76143.640

11José Pérez Boga5361.013.040

12José Pombo Caamaño336635.040

14Isolina Rodríguez Ferreiro1.0091.907.010

15Isolina Rodríguez Ferreiro1.2822.422.980

16Hermita Couceiro Suárez9.80018.522.000

19Enrique Aradas Rey e Francisco Castro Fernández4.3208.164.800

22Herdeiros de Antonio Fariña Pazos11.17621.122.640

29Propiedade litixiosa1.3212.496.690

30María José Corral Calvete1.22511.848.138

31Herdeiros de Manuel Amado Casal e Josefa Bujía Rodríguez2993.624.348

43José Antonio Álvarez Porto e Eduardo Porto Parga1.4652.768.850

46Enrique Manuel Monteagudo García e outros8061.523.340

49Manuel Otero Varela4801.902.978

51Mª Mariño Mosquera e outros1.5842.993.760

53Herdeiros de Josefa e Carmen Otero Segura8881.678.320

55José A. Álvarez Porto e Eduardo Porto Parga1.4692.776.410

56Emilia Hermida Gómez1.7761.678.320

57José Álvarez Porto e Eduardo Porto Parga1.4262.695.140

58Ignacio Montoya Jiménez6851.294.650

59Descoñecido442835.380

67Manuel Gómez Brandariz e Agustín Rodríguez Gómez1.3283.972.734

74Descoñecido9221.742.580

79Serafín López Seijas e outros8954.404.834

83Herdeiros de Ramón Almoyna Pernas2.3494.439.610

84INTUCOSA14.57227.541.080

85INTUCOSA5.1799.788.310

87Ramón Pose e Hijos, S.L.8.95516.924.950

89Arturo Díaz Ordóñez e Bermúdez de Castro412778.680

90Herdeiros de Venancio González Escontrela5391.018.710

93Teresa Amado Bujía121228.690

Así mesmo, a publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992).

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución debéndose comunicar previamente a esta delegación provincial a devandita interposición conforme se dispón no artigo 110 punto 3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 16 de abril de 1998.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

6483