Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Universidades, pola que se fai pública a composición da comisión avaliadora das axudas convocadas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios.

Por orde do 27 de marzo de 1998 (DOG nº 65, do 6 de abril), convócanse axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios matriculados nunha das tres universidades galegas durante o curso 1997/1998, así como para os galegos que residan fóra de Galicia e os seus descendentes que queiran cursar estudios universitarios nunha das tres universidades galegas no curso 1998-99, establecéndose que a Dirección Xeral de Universidades procederá a nomear unha comisión avaliadora, facendo pública a súa composición con anterioridade á resolución da convocatoria.

Por todo iso, esta dirección xeral

RESOLVEU:

Facer pública a composición da comisión avaliadora das axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, que queda integrada polas persoas que a continuación se relacionan:

-Presidente: Eleutino Álvarez Álvarez, subdirector xeral de Universidades.

-Vocais:

Manuel González Sarceda, vicerrector de estudiantes da Universidade da Coruña.

Blanca-Ana Roig Rechou, vicerrectora de estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela.

Juan Manuel Suárez Creo, vicerrector de docencia e alumnado da Universidade de Vigo.

Xavier Valiño García, xefe do Servicio de Coordinación do Sistema Universitario da Dirección Xeral de Universidades.

-Secretaria, que actuará con voz e voto: Elena Goldar Pazos, funcionaria do Servicio de Coordinación do Sistema Universitario.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1998.

José Eduardo López Pereira

Director xeral de Universidades

5539