Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998 pola que se indica que está confeccionada a lista coa clasificación provisional das solicitudes para asignacións de cantidades de referencia suplementarias de leite da Reserva Nacional.

Comprobadas as solicitudes presentadas ó abeiro da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 17 de marzo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 65, do 6 de abril) pola que se establecen normas para a asignación de cantidades de referencia suplementarias de leite da Reserva Nacional, e efectuadas as propostas correspondentes, esta dirección, distribuídas as cantidades por orde de puntuación, conforme o baremo da dita orde, aprobou a lista coa clasificación provisional das solicitudes.

En cumprimento do disposto no artigo 8, parágrafos 2 e 3 da antedita orde, mediante a presente resolución indícase que está confeccionada a lista e que os interesados poderán comproba-los parámetros para a asignación na Axencia de Extensión Agraria da súa comarca.

Así mesmo, os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles, desde a publicación da presente resolución, para formula-las alegacións e presenta-la documentación que consideren conveniente ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1998.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

5666