Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998 pola que se anuncia concurso público de alleamento de parcelas propiedade do dito organismo no polígono de Esteiro e no de Caranza en Ferrol.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: concurso público para o alleamento das parcelas que se detallan propiedade do IGVS para o seu destino preceptivo e exclusivo á construcción de vivendas de protección oficial de réxime xeral, e libres a prezo taxado.

Polígono de Esteiro.

Cuarteirón

Valoración

(Ptas.)

IVE (16%)

(Ptas.)

Total

(Ptas.)

9-C199.592.41631.934.787231.527.203
209 a 234 S-896.614.78615.458.366112.073.152
72 S-543.764.6157.002.33850.766.953

Prego de bases: o prego de bases que rexerá no concurso poderá ser examinado nos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sitos en área central, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela ou na Delegación Provincial do IGVS na Coruña, sita no edificio de servicios múltiples, rúa Salvador de Madariaga, s/n, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles agás os sábados.

Garantía: para a presentación das proposicións esixirase aval bancario, por importe equivalente ó 5% do prezo da parcela (IVE incluído).

Destinatarios: a esta convocatoria poderán concorre-las seguintes persoas físicas e/ou xurídicas:

a) As persoas físicas e/ou xurídicas que teñan por finalidade a promoción de vivendas e tivesen desenvolvida a súa actividade nese campo como mínimo un ano.

b) As cooperativas de vivendas que, conforme a lexislación vixente, estean validamente constituídas e inscritas ou que se constitúan e inscriban para o efecto, cunha antigüidade mínima dun ano, e estean facultadas para seren promotoras de vivendas de protección oficial.

c) As demais entidades de finalidade e carácter social, sen ánimo de lucro, que teñan entre os seus propios obxectivos o de promover e proporcionarlles os seus membros vivendas sometidas a algún réxime de protección oficial, sempre que se constituísen ou se constitúan para o efecto, segundo a respectiva lexislación vixente pola que se rexan.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro da Delegación Provincial do IGVS da Coruña, sito no edificio de servicios, múltiples, 8º planta, na rúa Salvador de Madariaga s/n, en días e horas hábiles, agás os sábados.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás 14 horas do día 4 de setembro de 1998.

Apertura das proposicións: a apertura e admisión de proposicións será realizada pola mesa de contratación que se reunirá na Delegación Provincial do IGVS da Coruña as 11 horas do día 10 de setembro de 1998.

O tribunal técnico constituirase ás 11 horas do día 16 de setembro de 1998, no lugar anteriormente sinalado, para os efectos de emiti-lo informe de valoración ó que fai referencia a cláusula sétima do prego de bases.

A adxudicación provisional das parcelas farase pública no prazo máximo de 30 días contados a partir da data de admisión das proposicións.

Documentos que deben presenta-los ofertantes: as proposicións deberán ir acompañadas dos documentos esixidos na cláusula sexta do prego de bases.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

6401