Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/180-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: liña aérea eléctrica de media tensión.

Situación: Carnota.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, en conductor LA-56, de 1.507 m con orixe na liña en Pontella-Alivia (expediente 27856) e final no C.T. de Cornido que se vai instalar. Centro de transformación aéreo, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Cornido do que parten rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 810 m discorrendo polo concello Carnota.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 20 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5063