Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/172-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T. aérea 20 kV, C.T. aéreo 100 kVA e R.B.T. en Trabugáns.

Situación: Coristanco, A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 195 m, con orixe na liña Vilares-Santa Comba (expediente 5462-C) e final no centro de transformación Trabugáns, que se vai instalar. C.T. aéreo de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 200 m, concello de Coristanco.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 20 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5183