Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 11 de xuño de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), polo que se relacionan acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (González Crespo, José Carlos e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 48 e seguintes do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 11 de xuño de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

ANEXO

Interesado: González Crespo, José Carlos.

DNI: 35.941.566 H.

Enderezo: rúa Lepanto, 21-2º, Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expediente: 22568/1996. Liquidación: 600602521408.

Interesado: Dopazo Álvarez, José Luis.

DNI: 36.102.115.

Enderezo: urbanización Rocamar, 57-10º B Baredo, Baiona.

Procedemento: imposto doazóns. Expediente: 1540/1994. Liquidación: D-466/1997. Aprazamento: 63/1997.

Interesado: Pajuelo Martínez, Eusebio.

DNI: 33.609.099.

Enderezo: Avda. Coruña, 83-4º, Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expediente: 8299/1995. Liquidación: 600502483241.

6116