Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 11 de xuño de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), polo que se relacionan acordos da non devolución de ingresos indebidos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Lafuente Vega, Javier e outro).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos da non devolución de ingresos indebidos pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse ós interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo

10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de la devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 11 de xuño de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ANEXO

Interesado: Lafuente Vega, Javier.

DNI: non consta.

Enderezo: rúa García Barbón, 113-1º, Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados Dev. VH-8/1997. Expediente: 7396/1997.

Interesado: Sánchez Ibarro, Antonio.

DNI: non consta.

Enderezo: rúa Marqués de Valladares, 12, Of. 22, Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados Dev. 118/1994. Expediente: 12152/1994.

6115