Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de xuño de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), polo que se relaciona comprobación de valores con aumentos de base impoñible pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Rivera López, Manuel e outro).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase comprobación de valores con aumentos de base impoñible pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de xuño de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ANEXO

Interesado: Rivera López, Manuel.

DNI: non consta.

Enderezo: rúa Ervedelo, 60-4º B, Ourense.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (TPAXD). Expediente: 4348/1992.

Interesado: Vilar Lago, Manuel.

DNI: 35.971.066 D.

Enderezo: rúa Ponte da Veiga, 5, Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (TPAXD). Expediente: 1156/1989.

6113