Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.617

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (70/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber, que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 70/1998-10 por instancia de Rosa López Veloso contra José Luis Amado Iglesias, nas actuacións do cal en resolución desta data se acordou citar a José Luis Amado Iglesias co fin de que o día quince de outubro, ás once horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibíndoo de que no caso de non o verificar recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a José Luis Amado Iglesias, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dezasete de xuño de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

6112