Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.616

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1998 pola que se corrixen erros advertidos na do 17 de abril de 1998 (DOG do 26 de maio) pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros no anexo I da resolución desta universidade do 17 de abril de 1998 (DOG do 26 de maio) pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado ó abeiro do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:

Praza número 97/049, nos vocais da comisión suplente, onde di: «Burgaleta Mezo, Pedro Manuel, profesor titular de universidade. Universidade Polítecnica de Valencia», debe dicir: «Burgaleta Mezo, Pedro Manuel, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid».

A Coruña, 12 de xuño de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

5912