Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.616

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 23 de xuño de 1998 pola que se nomea recadador interino da zona de recadación de Pontevedra.

Con motivo do falecemento do recadador titular da zona de Pontevedra e ante a necesidade de continua-la xestión recadatoria das débedas cargadas á dita zona da que a súa titularidade lle corresponde á Xunta de Galicia, por proposta da Dirección Xeral de Tributos e conforme o disposto no artigo 16 do Decreto 90/1997, do 10 de abril, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores da zona,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear recadador interino da zona de recadación de Pontevedra a Francisco Javier Sánchez García, recadador titular da zona de recadación de Vigo.

Segundo.-Esta orde producirá efecto desde o 19 de xuño de 1998.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1998.

Xosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

6006