Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre constitución, modificación e disolución das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións e disolucións, que se citan.

Constitución de:

A sociedade agraria de transformación Viveiros Costa de Lóngaras S.A.T. Nº 964 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Moncelos, 1, 27739-Abadín (Lugo); obxecto social: producción e comercialización de plantas e productos de viveiro e prestación de servicios relacionados; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Carrameixeira S.A.T. Nº 965 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Visantoña-Santiso (A Coruña); obxecto social: servicios agrícolas e gandeiros, consistentes en utilización de maquinaria en común; capital social: 4.176.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Camino Duro S.A.T. Nº 966 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Fraga do Rei, Arzúa (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 1.200.000 pesetas; nº socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Ismael S.A.T. Nº 967 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Fornelos-Dormeá-Boimorto (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gandos; capital social: 900.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Fafián S.A.T Nº 968 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg/ Fafián-Rodeiro (Pontevedra); obxecto social: producción gandeira; capital social: 34.200.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Vilamoa S.A.T. Nº 969 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Casa Vitorino-Bandeira-Manduas-Silleda (Pontevedra); obxecto social: explotación conxunta de terras, construccións e gando para destinalos á producción gan

deira de gando vacún; capital social: 15.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Casa do Coto S.A.T. Nº 970 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Portapiñeiro, 21-Piñeiro-Silleda (Pontevedra); obxecto social: explotación conxunta de terras, instalacións e gando vacún, para a producción de leite; capital social: 15.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Gandeiría Cairo S.A.T. Nº 971 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Mourente-Foz (Lugo), obxecto social: explotación comunitaria de terras e gando; capital social: 1.000.000 de pesetas; nº de socios: 5.

A sociedade agraria de transformación Ganadería Rúa S.A.T. Nº 972 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Andabao-Boimorto (A Coruña); obxecto social; producción gandeira; capital social: 11.200.000 pesetas; nº de socios: 4.

Modificación de:

A sociedade agraria de transformación Vilanova de Arrojo S.A.T. Nº 626 XUGA, na asemblea xeral do 30 de outubro de 1996 (que protocolizan, ante notario, validado o 23 do 3 do 1998), acordan por unanimidade designar nova xunta rectora que integran: Xosé Gómez García, presidente Tomás Gómez Gómez, secretario, Xosé Gómez Gómez, vocal.

A sociedade agraria de transformación A Penela S.A.T. Nº 911 XUGA, na asemblea xeral do 20 de marzo de 1996, acordan por maioría absoluta dar de baixa ó socio Antonio López López, e de alta ó socio Horacio López Vázquez, que adquire os recibos do socio dado de baixa, sen que se produza variación no capital social.

A sociedade agraria de transformación Viduído-Régoa-Cedeira S.A.T. Nº 4.018, na asemblea xeral extraordinaria do 29 de xaneiro de 1998, acordan por unanimidade modifica-los estatutos sociais no seu artigo 1 determinando establecer dous cambios. Un, no obxecto social, que pasa a dicir: Explotación común de terras, para a producción de forraxes e transformación en carne. Outro, na responsabilidade da S.A.T. que pasa a ser limitada.

A sociedade agraria de transformación Os Taboada S.A.T. Nº 677 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 1 de abril de 1998 acordan por unanimidade renova-la xunta rectora, quedando integrada por: Antonio Taboada Vázquez, presidente; María Jesús López Abelairas, secretario; José Taboada García, vocal; e Esther Vázquez Fente, vocal.

A sociedade agraria de transformación Viveiros Ártabro S.A.T. Nº 851 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 23 de abril de 1998, acordan un aumento de 900.000 pesetas en capital social (protocolizado e realizado documento notarial), pasando dun capital social de 600.000 pesetas, a un capital social de 1.500.000 pesetas en 60 recibos de 25.000

pesetas cada un deles ( asi figurará no artigo 2 do capital social).

Disolución de:

A sociedade agraria de transformación Verde Pradera S.A.T. Nº 638 XUGA, na asemblea xeral de socios do 31 de xullo de 1997, acordan por maioría solicita-la disolución nomeando os socios liquidadores.

A sociedade agraria de transformación Florigal S.A.T. Nº 428 XUGA, na asamblea xeral do 25 de novembro de 1991, coa asistencia da totalidade dos socios, acordan por unanimidade a súa disolución, segundo fotocopia compulsada da copia certificada, presentada pola socia Juana Veiga Castro.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

5623